martes, 28 de junio de 2022

Unha exposición sobre a influencia do Clima ao longo da Historia da Humanidade!

 A influencia dos fenómenos meteoróloxicos na nosa vida cotiá resulta evidente: condiciona a nosa vestimenta, as calorías que inxerimos, o estado de ánimo, o tempo de lecer...Pero máis aló da nosa vida privada, a Humanidade como conxunto e ao longo da súa existencia na Terra evolucionou e protagonizou episodios trascendentais condicionada polos cambios no clima e as alteracións atmosféricas.

No arquivo ao que se pode acceder no seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/centros/iessaturninomontojo/aulavirtual/mod/folder/view.php?id=39430  amosamos en forma de paneis parte deses episodios climáticos e atmosféricos que condicionaron batallas, fames, e mesmo  a aparición e a desaparición de civilizacións

Un traballo colectivo do alumnado dirixido polos Profesores Marcos Padín e Luis Bergantiños, que supuxo unha enorme tarefa de documentación, redacción, maquetación, cun constante emprego das TICs que deu como resultado  unha humilde pero traballada exposición, que estará dispoñible permanentemente para o alumnado no 1º andar do IES e con posibilidades futuras de ampliación e desenvolvemento de actividades...😀





Arduino, Tinkercad, impresión 3D...

 O superprofe Marcos Padín desde o seu aula de Tecnoloxía implica ao alumnado de 1º de Bacharelato na construción dun anemómetro e un pluviómetro que recollan os datos con sensores conexionados a unha placa Arduino programada especificamente.  Esforzo artesanal e de impresión 3D para crear os aparellos, enxeño e moito traballo para programar e automatizar. O resultado, uns aparellos intelixentes e moi precisos que mellorarán e completarán os rexistros de MeteoIris

Máis en https://www.edu.xunta.gal/centros/iessaturninomontojo/aulavirtual/course/view.php?id=629#section-4


O traballo cos datos de MeteoIris

 A nosa estación meteorolóxica MeteoIris leva proporcionándonos datos diarios de temperatura, humidade, presión, precipitación e estado do ceo desde o primeiro curso en que participamos no Plan Proxecta. Equipos de 1º curso e 3º curso de ESO recollen in situ  as lecturas nun caderno,  que logo son trasladadas a unha folla de cálculo cada día máis chea e  subidos tamén á web de Meteoescolas.

 


 

Pero a cousa non remata así. Os distintos parámetros empréganse nas clases de Mates polas Profesoras Julia Ríos e Rocío García con exercicios de cálculo, comparación, gráficos... Mira no seguinte enlace algunhas tarefas de aula: https://www.edu.xunta.gal/centros/iessaturninomontojo/aulavirtual/course/view.php?id=629#section-3

O Tempo e a Literatura

 A influencia do tempo meteorolóxico nos relatos literarios é unha constante na Historia. A Meteoroloxía é protagonista dos argumentos literarios, condiciona aos personaxes, debuxa as paisaxes, crea as atmosferas... pero tamén condiciona profundamente o traballo do escritor, o seu   ánimo e inspiración, chegando incluso a xerar novos estilos ou xéneros literarios.

 Frankenstein's monster (Boris Karloff).jpg 

Cun pequeno traballo dirixido, a Profesora Pilar Alvariño e os/as seus/súas alumnos/as achéganse a Homero, Xulio Verne, Mary Shelley ou John Steinbeck entre outros  para documentalo

No seguinte enlace pódese acceder aos traballos: https://www.edu.xunta.gal/centros/iessaturninomontojo/aulavirtual/mod/folder/view.php?id=38569

As Profesoras de Lingua Galega e Lingua Castelá traballan poemas que falan dos meteoros

 Entusiastas Pilar Alvariño e Marga Souto co alumnado da ESO para ler e seleccionar boa literatura que fala do Sol, as nubes, o arco da vella, a chuvia e a neve... Os mellores autores en galego e castelán para achegarnos a unha visión íntima, romántica... dos fenómens meteorolóxicos.

Servirá tamén esta actividade para o noso Concurso de Fotografía, pois a cada poema haberá que vestilo cunha fotografía, sumando á beleza das palabras as luces e cores dunha imaxe.

Accede á escolma de poemas neste enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/iessaturninomontojo/aulavirtual/mod/folder/view.php?id=39427

 

Inverno

Están os campos nevados,
a xente xunto as lareiras,
os gandos encortellados
e os capós nas capoeiras.

As bandadas de aves frías
a berrar polos nabales.

Son moi pequenos os días
e grandes os temporales!

           Manuel María

Visita a MeteoGalicia

 O pasado 19 de abril visitamos en Compostela as instalacións de MeteoGalicia, donde moi amablemente nos ensinaron cuestións básicas de Meteoroloxía e acompañamos ao persoal do centro á solta dun globo sonda. Ademais tivemos a sorte de ver como se daba información do tempo a unha emisora de radio en medio das súas emisións en directo!😀

Fai click no enlace para ver fotos  https://www.edu.xunta.gal/centros/iessaturninomontojo/aulavirtual/mod/folder/view.php?id=39426


domingo, 26 de junio de 2022

II Concurso de Fotografía MeteoIris 21 22 "Un poema para unha imaxe"


 Por segundo ano implicamos ao alumnado na observación directa dalgún fenómeno meteorolóxico que deben capturar co seu móbil.Nesta ocasión os meteoros asócianse non só a unha imaxe senón tamén cun poema dalgúns dos máis destacados autores. O resultado, os/as agasallados/as e a instalación  podedes velo no enlace https://www.edu.xunta.gal/centros/iessaturninomontojo/aulavirtual/mod/folder/view.php?id=39420


jueves, 23 de junio de 2022

TRABALLO ESTATÍSTICO DOS ALUMNOS DE 3ºESO COS DATOS DA ESTACIÓN

Os alumnos de 3ºESO analizaron os datos meteorolóxicos recollidos por alumnos de 1º e 3ºESO ao longo do curso. Cada alumno escolleu un mes para estudar a temperatura máxima, mínima, humidade, presión atmosférica e precipitación.
 

lunes, 28 de junio de 2021

CONCURSO METEOROLÓXICO NA AULA VIRTUAL DO CENTRO

Cada profesor do proxecto Meteoescola propuxo retos relacionados coas actividades realizadas na aula. Os alumnos podían resolvelos en grupos de ata 6 participantes do mesmo nivel. Cada reto otorgaba uns puntos segundo a dificultade. Os ganadores foron os tres primeiros grupos con máis puntuacións. 

No enlace podes visitar o curso da aula virtual (se tes conta do centro):

 https://www.edu.xunta.gal/centros/iessaturninomontojo/aulavirtual/course/view.php?id=629  

Esta é a relación de grupos partipantes e ganadores nas dúas categorías, 1º e 2º ciclo:

 

Galería de fotos da entrega de premios:

 

 

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA METEOROLÓXICA 20-21

"Fai unha foto que che resulte curiosa, bonita, orixinal... relacionada co tempo e/ou o clima, e súbea para participar nunha votación na que todos e todas decidiredes cal é a mellor"
 
1º PREMIO 2020-21 2º PREMIO 2020-21
 1º PREMIO 2019-20  Entrega do 1º premio do concurso do ano pasado aprazado pola pandemia

CONCURSO METEOROLÓXICO NA AULA VIRTUAL DO CENTRO - RETOS

 Todas as actividades e retos do concurso na aula virtual:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessaturninomontojo/aulavirtual/course/view.php?id=629

Máis de 100 alumnos de toda a ESO participaron no concurso.

Estes son algúns dos retos que tiveron que resolver:

CONCURSO FOTOGRÁFICO METEOIRIS 2021

 Estas son as fotos dos participantes no concurso:


domingo, 27 de junio de 2021

ALUMNOS DE 3ºESO QUE TOMARON AS MEDIDAS NA ESTACIÓN METEOROLÓXICA

 Os alumnos de 3ºESO tomaron medidas na estación meteorolóxica durante todo o concurso. Recibiron un agasallo ao final do curso polo magnífico traballo realizado.


A MEDIDA DE PARÁMETROS METEOROLÓXICOS CON ARDUINO

METEOVERBAS - GLOSARIO E OBRADOIRO CREATIVO CO ESCRITOR ANTÓN CORTIZAS

 

VOCABULARIO METEOROLÓXICO - CASTELÁ - INGLÉS - FRANCÉS

 Alumnos de 2ºESO elaboraron un listado de vocabulario meteorolóxico en castelá, inglés e francés coordinado polas profesoras de inglés e francés:

sábado, 26 de junio de 2021

INFORMES ESTATÍSTICOS MENSUAIS COS DATOS DA ESTACIÓN

 Informes estatísticos mensuais elaborados polos alumnos de 4ºESO na asignatura de matemáticas coa profesora Julia Méndez:

abril2020.pdf

decembro2020 .pdf

febreiro2019

maio2020  

Estes son os CLIMOGRAMAS MENSUAIS realizados polos alumnos de 3ºESO na asignatura de matemáticas:

 

Estes son os INFORMES ESTATÍSTICOS MENSUAIS realizados polos alumnos de 3ºESO na asignatura de matemáticas:

viernes, 25 de junio de 2021

EXPOSICIÓN NO TABOLEIRO DE METEOIRIS DOS TRABALLOS REALIZADOS

 Exposición no taboleiro do centro dos traballos realizados para Meteoiris:

CLIMOGRAMAS DO 2019 COS DATOS DA ESTACIÓN METEOROLÓXICA

E  CLASIFICACIÓN FINAL DO CONCURSO DE METEOIRIS

DATOS DA ESTACIÓN METEOROLÓXICA NA SEMANA DO 3 AO 7 DE MAIO




viernes, 21 de mayo de 2021

CONFERENCIA SOBRE RECICLAXE DE RESÍDUOS

 Os alumnos de 3ºESO asistiron á conferencia sobre reciclaxe de resíduos organizada pola organización do Plan Proxecta: