martes, 19 de marzo de 2019

A Estación meteorolóxica: Medida da temperatura

Ola de novo! 
Temos claro cal é o aparello instalado na garita máis  cool  coas súas cifras dixitais e exactitude decimal. Vexamos que información nos aporta...:
A temperatura do aire no momento actuala temperatura máxima diaria (a maior temperatura do aire alcanzada no día), alcánzase nas primeiras horas da tarde; e a temperatura mínima diaria (a menor temperatura alcanzada no día), rexístrase en horas do amencer. 
Vale. Pero... como se produce esa calor?:
Pola  radiación solar, que  é a fonte de enerxía principal e practicamente a única para a atmosfera do noso planeta. Esta radiación solar atravesa a atmosfera sen quentala, porque o aire  déixase atravesar polos raios solares sen quentarse. Pero ao chegar á superficie terrestre ou marítima transfórmase  e pode quentar tanto as augas como o chan e as capas inferiores do aire. Así, este quecemento da atmosfera terrestre non é directo senón indirecto a partir dos raios  que son reemitidos pola superficie terrestre quente: polo día o aire quéntase  e pola noite arrefría; nun día despexado o solo está moi quente e eleva a temperatura do aire, non así nun día nubrado en que o solo no recibe moita radiación solar.
Ah!, esquecíame dicirche que imos empregar o termómetro dixital en graos Celsius (centígrados), sendo 0 o punto de conxelación da auga e  100 o punto de ebulición.
E como na entrada anterior falamos da presión, antóllaseme que podemos  relacionar temperatura e presión do aire... 
A maior  temperatura do aire, menor será a súa presión e o aire ascende; á inversa, cando o aire é máis frío ten unha tendencia para descender, co que a presión atmosférica aumenta por compresión nos lugares onde descende. 
Esta relación inversa  afecta ao tempo meteolóxico porque...
Onde a temperatura do aire aumenta, o tempo atmosférico tenderá a ser inestable e pódense producir choivas e mesmo tormentas (B, borrasca); e onde a temperatura do aire descende, o tempo será máis estable e presentaranse días asollados sen nubes e co ambiente seco (A, anticiclón).
Apertas e ata outra!


No hay comentarios:

Publicar un comentario