lunes, 29 de junio de 2020

CONSTRUCIÓN DUNHA ESTACIÓN METEOROLÓXICA CON RASPBERRY PI

Os alumnos de 2ºBACH na asignatura de Tecnoloxía Industrial comezaron a construción dunha estación meteorolóxica para recoller datos de varios sensores conectados a unha placa Arduino. Estes datos serán enviados posteriormente a unha Raspberry Pi que os mostra nunha páxina web ou no blog Meteoiris.








Todas as pezas foron deseñadas polos alumnos. As pezas plásticas imprimíronse na Impresora 3D do taller de Tecnoloxía.



VOCABULARIO METEOROLÓXICO

-Alumnos de 4º de ESO organizados en grupos de 4-5 estudian o léxico específico de carácter meteorolóxico a partir das seguintes palabras: vento, frío, neve, chuvia.
 
1ª etapa: organización dos contidos nas catro linguas: galega, castelá, inglesa e francesa.

  • Definición da palabra.

  • Sinónimos (ou palabras relacionadas por significado).

  • Búsqueda de modismos-frases feitas en que apareza a palabra investigada.

  • Localización de refráns en que apareza a palabra investigada.

  • Búsqueda de imáxenes para ilustrar os contidos traballados.




A actividade quedou incompleta ao suspenderse as clases o 13 de marzo. Só se completou a primeira fase en lingua inglesa.

Quedaron pendentes as seguintes etapas:

2ª etapa: investigación empregando material variado en papel ou en formato electrónico (manuais, bases de datos, dicionarios técnicos...).

3ª etapa: análise comparativo dos resultados obtidos nas catro linguas (castelán, inglés, francés, galego).

4ª etapa: elaboración de cartelería incluíndo a información sobre cada unha das palabras traballadas de forma individual.

5ª etapa: exposición do traballo a outros cursos.


domingo, 28 de junio de 2020

EXPOSICIÓN ORAL DOS INFORMES METEOROLÓXICOS DE 3ºESO

Os alumnos de 3ºESO farán unha exposición en vídeo dos informes meteorolóxicos mensuais nos que estiveron traballando en clase de Matemáticas.
Para a realización desta actividade estaba previsto a colaboración cos alumnos e a profesora Mar Regueira do Ciclo de Video DJ.
Sin embargo quedou pendente ao ser suspendidas as clases.

CLIMOGRAMA E INFORMES METEOROLÓXICOS MENSUAIS DO 2019

Os alumnos de 3ºESO completaron os climogramas mensuais do 2019 cos datos da nosa estación meteorolóxica e o modelo proposto polo profesor Luis de Xeografía e Historia. A partir dun modelo dado resumiron os datos recollidos nun informe meteorolóxico mensuais. Estes son os seus traballos e os modelos facilitados:

3ºESO A:


3ºESO B:


3ºESO C:


MODELO INFORME METEOROLÓXICO:  modelo informe meteorolóxico

MODELO CLIMOGRAMA:
modelo climograma

DATOS 2019 DA NOSA ESTACIÓN METEOROLÓXICA:
datos 2019

NOVO MODELO DE CLIMOGRAMA MENSUAL PARA PUBLICACIÓN NO PANEL DE METEOIRIS

Este é o novo modelo de climograma para presentar os datos da estación meteorolóxica no panel de Meteoiris.


sábado, 27 de junio de 2020

ANÁLISE DOS DATOS DE TEMPERATURA CON SERIES TEMPORAIS

Os alumnos de 2ºBACH na asignatura de Métodos Estatísticos e Métodos Numéricos estudiaron os datos de temperatura media de Ferrol coa ferramenta estatística de análise de series temporáis con media móvil