jueves, 4 de abril de 2019

A corrente en chorro (Jet Stream) e a DANA

Cando rematedes de ler esta entrada estaredes listos para presentar o tempo na tele ! Ánimo que imos...

1.Qué é o Jet Stream: Unha corrente en chorro é unha forte e estreita corrente de aire concentrada ao longo dun eixo case horizontal na alta  troposfera, na tropopausa ou na  estratosfera; trátase de ventos occidentais (que viaxan de oeste a este) e no hemisferio norte  atópase polo xeral entre os 30° N e os 60° N de latitude. É normalmente continua ao longo de grandes distancias e adoita ter unha forma  serpenteante, de maneira que os  meandros desprázanse en dirección leste a velocidades menores que o vento da corrente principal.Os meteorólogos agora entenden que o carreiro do  jet  stream guía aos sistemas  ciclónicos de tormentas a niveis máis baixos da atmosfera, e ese coñecemento do seu curso converteuse en importante parte do prognóstico meteorolóxico do tempo.Tamén ten importantes consecuencias prácticas para a navegación aérea: os avións que voan no seo dunha corrente en chorro e na mesma dirección economizan combustible ao beneficiarse da velocidade da masa de aire.
















2.DANA (depresión aillada en niveis altos): A corrente en chorro pode partirse en dous debido á formación dunha zona de baixas presións, o que desvía unha porción da corrente desde a súa mesma base, mentres o resto do fluxo desprázase ao norte.


Popularmente aínda se coñece como gota fría, é un embolsamento de aire frío polar en altura, tal como se aprecia na imaxe C. A súa importancia para o tempo radica en que si a súa posición coincide cunha masa de aire quente cargado de humidade na superfice terrestre as precipitacións serán torrenciais e catastróficas. ¿Por qué? Pois porque o aire quente e húmido ascende e o seu enfriamento é moi brusco, a condensación provoca ata 180 litros por metro cadrado en 12 horas. Nos mapas inferiores móstrase esta situación sobre o Mediterráneo peninsular:

              
  • a imaxe esquerda, mapa de presións en superficie, mostra sobre o Mediterráneo fronte ás costas de Valencia e Murcia unha baixa presión, esto é, aire quente alimentado por un mar quente logo de todo o verán
  • a imaxe dereita amosa para as mesmas datas e lugar a baixa presión (500mb) a máis de 5000 metros de altura,  en forma de vaguada aillada do jet stream embolsando o aire polar.

                      

As consecuencias, xa descritas, obrigan a tomar precaucións...:


                                                             

                                           

No hay comentarios:

Publicar un comentario