miércoles, 3 de abril de 2019

As precipitacións frontais

Opa adolescentes en formación!! O caso é que para saber algo máis do tempo e deixar abraiados aos parentes na casa cando vos poñades a comentar en voz alta a información do telexornal... teño que achegarvos ao que son as frontes.

O termo fronte é aproveitado do significado que ten nas batallas, cando dous exércitos se atopan: o lugar de contacto é a fronte de batalla entre soldados de bandos enfrontados, é dicir, con natureza diferente, oposta. Pois ben, do mesmo xeito en Meteoroloxía a línea de fronte é o lugar de encontro entre dúas masas de aire de características distintas (repasade a entrada do blog sobre presión). O resultado nunha batalla sería o lume, a destrución, o desastre...; na atmosfera o resultado é a inestabilidade (frío, chuvia, neve, vento...).

Dependendo do tamaño e dominio das masas de aire enfrontadas distinguiremos:

Fronte fría: Unha potente masa de aire frío empuxa e despraza cara arriba a unha masa cálida. No seu ascenso, ésta enfría e da orixe á formación da nubosidade. As súas precipitacións son intensas e as gotas máis grandes porque o tipo de nube ten moito desenvolvemento vertical (cumulonimbos ou altocúmulos). No mapa meteorolóxico de superficie represéntase cunha liña azul con dentes de serra.


















Fronte cálida: Unha masa de aire cálida deslízase sobre outra máis fría. As precipitacións son menos intensas que na fronte fría, tipo orballo,  sendo as nubes máis estratificadas (niboestratos, estratos, estratocúmulos). No mapa meteorolóxico de superficie represéntase cunha liña vermella con semicírculos.

                                  

Fronte ocluída: As frontes frías móvense máis rápido que as frontes quentes. Se unha fronte fría alcanza a unha fronte quente, fórmase unha fronte  ocluído. Represéntase por este símbolo : 
Cando a fronte fría alcanza ao quente métese por baixo, como unha cuña, obrigándoo a elevarse por encima del e separando do chan a masa de aire cálido.
Por diante da fronte  ocluído prodúcense as precipitacións correspondentes a unha fronte cálida e por detrás as que orixina unha fronte fría.
Por detrás da fronte fría van quedando nubes en forma de  estratocúmulos.
Por diante as mesmas que acompañan á fronte cálido que son os  nimboestratos, estratos e  cirros, na parte máis alta da atmosfera.

Pois agora a fardar de sabedoría!

No hay comentarios:

Publicar un comentario