lunes, 1 de abril de 2019

A Estación meteorolóxica: Medida da humidade relativa

Ola meteorólogos e meteorólogas en formación!: imos comprender qué é a humidade relativa e como funciona o aparello para medila, o psicrómetro. Cos dous videos desta entrada poderedes reforzar o meu discurso (espero ser clariño e breve!) 

Humidade relativa: Exprésase en tanto por cen (%) e calcúlase mediante a seguinte expresión:
 h = (e / E) x 100. 
e representa o contido de vapor da masa de aire e E a súa máxima capacidade de almacenamento, é dicir, a cantidade máxima de vapor que pode conter a masa de aire antes de transformarse en auga líquida (isto coñécese como saturación). Unha humidade relativa do 100% é indicativo de que esa masa de aire xa non pode almacenar máis vapor de auga, e a partir dese momento calquera aportación extra de vapor converterase en auga líquida o xeo.
Canto máis quente está unha masa de aire maior cantidade de vapor de auga será necesaria para chegar á saturación e empezar a condensar o vapor sobranteExemplos:
1.-
2.-Exhalamos aire ao respirar cunha temperatura e humidade determinadas.Pero ao sair da nosa boca e poñerse en contacto co aire frío do exterior, redúcese bruscamente a temperatura. Debido ao enfriamento a masa de aire perde capacidade para conter vapor e chega de inmediato á saturación, entón o vapor de auga condensa e forma bafo "vaho en castelán". Neste caso reducimos a temperatura sen modificar o contido de vapor, chegando ao 100% de humidade relativa. O rocío das mañás sobre as follas das prantas fórmase así.
3.-Imos cinco persoas nun coche en inverno sen calefacción.Ao respirar o contido de vapor de auga no aire do interior comeza a crecer rapidamente ata saturarse (100%). A partir dese momento todo o vapor excedente empeza a condensar sobre os cristais e as embaza "empaña en castelán". Neste caso mantivemos case constante a temperatura do aire pero engadimos vapor ata acadar a saturación. 


Psicrómetro:É o instrumento de medición da humidade relativa, consistente en dous termómetros iguais, un deles denominado "seco", que mide sinxelamente a temperatura do aire; o outro, "húmido", ten o depósito envolto por unha tea empapada grazas á súa conexión cunha mecha sumerxida nun recipiente de auga. A auga que empapa a tea do depósito evapórase debido á calor do aire que a rodea, e neste proceso a temperatura do termómetro baixa (a maior evaporación maior descenso de temperatura no termómetro).
A medición faise ao comprobar cal é a diferencia de temperatura que marcan ambos termómetros (seco e húmido) e aplicando esta diferencia nunha táboa cos cálculos matemáticos xa elaborados, a cal  nos revelará a humidade relativa. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario