miércoles, 3 de abril de 2019

Centros de acción dinámicos

Boas!!. Toca achegarnos ás borrascas e aos anticiclóns dinámicos, para coñecer como se distribúen pola atmosfera. As seguintes imaxes resultaranche  moi aclaratorias:
       
Como ves as masas de aire forman  "cinturóns" de altas e baixas presións, que sempre están presentes, é dicir, non se forman e desaparecen ocasionalmente  senón que son permanentes. Agora ben, isto non significa que se manteñan no mesmo lugar durante todo o ano senón que a súa latitude varía: hacia o verán os anticiclóns subtropicais desprázanse cara ao Norte, desprazando á súa vez ás masas de aire que habitan  en latitudes superiores; por exemplo, o Anticiclón das Azores no verán achégase ata a Península Ibérica desde a súa latitude subtropical e obriga á Borrasca de Islandia a repregarse (por isto ás masas destes cintos denomínaselles centros de acción dinámicos)
Nas imaxes superior dereita e inferior observas tamén que dos centros de presión saen unhas frechas: son os ventos. No Hemisferio Norte, os anticiclóns moven o seu aire no sentido das agullas do reloxo, e as borrascas pola contra en sentido antihorario. 
Así, tendo en conta o xiro dun anticiclón ou dunha borrasca e as súas isobaras debuxadas  no mapa de superficie, podemos establecer aproximadamente cal é a dirección do vento: por exemplo, no mapa  que tes a continuación en Ferrol o vento ten dirección Norte-Sur, dado que o Anticiclón das Azores xira en sentido das agullas do reloxo e as isobaras que cruzan Galicia proceden del. A dirección do vento será a mesma se as isobaras que nos afectan son as da borrasca situada no Mediterráneo, que xira no sentido antihorario. 
                      

No hay comentarios:

Publicar un comentario